Trátase dunha
biblioteca de carácter patrimonial, onde o valor dos exemplares é difícil de precisar. Ademais, cada exemplar, forma parte dunha entidade máis grande, como é a
rede de Bibliotecas Franciscanas de Santiago,pois a perda ou deterioro dun deles, estropearía o conxunto da colección que dispoñemos. Isto confírelles un valor engadido. En consecuencia, todos os usuarios terán que facerse socios da biblioteca e pagar a cantidade simbólica de 5 euros, coa posibilidade poder consultar todos os libros da biblioteca ou de pedir como préstamos as obras que desexen. Sendo
Biblioteca Franciscana terán descontos á hora de comprar libros da editorial
O Eco Franciscano e en revístaa
Liceo Franciscano.
As solicitudes de préstamo dos libros, así incluídos na base de datos (en caso de dúbida preguntar a
info@bibliotecaofmsantiago.es), realizaranse ben a través de internet ou na propia biblioteca. Cada usuario ten a posibilidade de levarse un número máximo de 5 exemplares. Os préstamos serán de 30 días hábiles, coa posibilidade a renovar o préstamo a 10 días máis. En caso de atraso, impoñerase unha multa de 10 euros por cada libro.
Ningún dos libros que conforman o fondo antigo pódense prestar, aínda que si
se poden consultar na biblioteca reservando cita con anterioridad.
Do mesmo xeito, todos os usuarios poderán consultar o fondo antigo, cifrado en 80.000 exemplares, e o máis moderno, dentro das nosas instalacións. Para iso terán que facerse socios a través da páxina web ou presencialmente na biblioteca. Terán que especificar o título, autor, ano e signatura. Pódense consultar todos os exemplares que se desexen pero o bibliotecario prestará para a consulta, exemplar tras exemplar.
Todos os nosos libros pódense prestar para a organización de exposicións. Para iso tense que seguir os pasos anteriormente descritos e seguir a POLITICA DE PRESTAMO PARA EXPOSICIÓNS.
Os eventos e seminarios, salvo que se especifique o contrario, son de entrada gratuita.