Missale Zamorense. (Zamora, Pedro Tovans, entre 1539 e 1543)
Fol. -- 335 f. -- b-z
6, A-Z
6, Aa-Ll
6
Odriozola, 91
SANTIAGO. Franciscanos. 34-3-25 R.17700
A día de hoxe non temos coñecemento doutro exemplar do Misal zamorano que o que se conserva na Biblioteca Histórica da Provincia Franciscana de Santiago, tal e como menciona Antonio Odriozola no seu
Catálogo de libros litúrxicos, españois e portugueses, impreso no Séculos XV e XVI.
Contextualizamos a cuestión coa división entre a Igrexa luterana e a católica no século XVI e o suceso do Concilio de Trento, como acontecementos que afectaron directamente á industria do libro cun forte control e censura respecto dos contidos da difusión de doutrinas consideradas heréticas ou difamatorias. Todo isto afectaría tamén a libros litúrxicos como os misais, dado que o concilio promulga novas modificacións con novos libros de oracións que deberían adoptar a versión romana, agás as liturxias de maior tradición como o rito mozárabe. O misal zamorano é un libro litúrxico pretridentino, pero non por iso exento de revisión e corrección, xa que ata a renovación de Trento, todas as dioceses e provincias eclesiásticas tiñan pleno dereito a reformar a súa liturxia sempre que non introduzan modificacións no corpo do misal nin no canon da misa.
En canto á imprenta de Zamora, despois do período incunable de Antón de Centenera, non contou con impresores residentes dende a primeira metade do século XVI ata a segunda metade do XVIII, pero entre 1537 e 1543 as figuras dos impresores itinerantes. como Pedro Tovans, Agustín de Paz e Juan Picardo. A causa disto débese ao afastamento da Audiencia establecida en Madrid e Valladolid, polas poucas vías de comunicación que dificultaban o comercio, o declive demográfico e a ausencia de institucións poderosas que reclamasen a impresión de libros. Así se imprimiu o misal durante a estadía temporal de Pedro Tovans en Zamora mentres era bispo Pedro Manuel de Castilla, impresor de orixe francesa cuxas publicacións se atopaban en Medina del Campo, Zamora e Salamanca, entre 1539-1543.
Trátase dun exemplar único, e hai que telo en conta á hora de estudar os libros litúrxicos e a imprenta, esta última se observamos o detalle dos múltiples acentos impresos en vermello ao longo do texto, entre outros detalles propios do impresor.
Está incompleto e carece de portada, así como a perda das primeiras páxinas dos preliminares e das últimas do exemplar. Texto de dúas columnas, nalgunhas partes con pentagramas de cinco liñas en vermello e notación cadrada que comeza no fol. 80 v. Presenta gravados así como outros mutilados.
A encadernación está datada na primeira metade do século XX e executada no taller do encadernador Francisco Freire Laboreira situado na rúa Calderería, 19, de Santiago de Compostela. A encadernación, de estilo editorial romántico, está cuberta de coiro marroquí, tinguido de negro. A encadernación, de estilo romántico editorial, e encartonada y teñida de negro. O lomo está redondeado e os cortes conteñen un moteado de gotas de color marrón. As cabeceiras, industriais e adosadas, consisten nun cordón en tons vermellos e brancos. As guardas de papel industrial forman un deseño floral en tons de marrón e branco. Están pegados, como as follas de respecto, que son de papel.
A estrutura decorativa é simétrica, nun estilo editorial romántico. As portadas están decoradas cunha placa de forma cadrada que se prensa nas esquinas imitando lacerías e unha cruz latina co eneagrama JHS e imitación de brillos no centro. O lombo dourado a man está formado por cenefas para as que se empregan rodas de pequenas flores con diferentes motivos e un florón tipo imperio. Tamén se engade o título en ouro "MISSALE ZAMORENS".
Bibliografía
BÉCARES BOTAS, Vicente, 1994. “Los libros de la catedral de Zamora en el siglo XVI”. En Anuario del Instituto de Estudios Zamoranos Florían de Ocampo, n.º IV, pp. 637-655. Zamora: Diputación Provincial.
BECEDAS GONZÁLEZ, M. (2004). “Agonía y recuperación de la imprenta en Zamora: de Juan Picardo (hasta 1543) a Manuel Fernández (desde 1787)”. En Aurora Miguel Alonso, Gloria Carrizo Salinero y Isabel García-Monge (Eds.), Trabajos de la VIII Reunión de la Asociación Española de Bibliografía. Madrid: Asociación Española de Bibliografía, pp. 17-29. [Consulta: 18/04/2023] Disponible en: https://gredos.usal.es/bitstream/handle/10366/55978/BH_agoniayrecuperacion1.pdf?sequence=1&isAllowed=y
GONZÁLEZ-SARASA HERNÁEZ, Silvia, 2013. Tipología editorial del impreso antiguo español. [Tesis online] [Consulta: 18/04/2023] Disponible en: https://eprints.ucm.es/24020/1/T35038.pdf
ODRIOZOLA, Antonio, 1996. Catálogo de libros litúrgicos, españoles y portugueses, impresos en los siglos XV y XVI. Pontevedra: Artes Gráficas Portela, S.L.
[2] BECEDAS GONZÁLEZ, M. (2004). “Agonía y recuperación de la imprenta en Zamora: de Juan Picardo (hasta 1543) a Manuel Fernández (desde 1787)”. En Aurora Miguel Alonso, Gloria Carrizo Salinero y Isabel García-Monge (Eds.),
Trabajos de la VIII Reunión de la Asociación Española de Bibliografía. Madrid: Asociación Española de Bibliografía, pp. 17-29.