Biblioteca Franciscana - Provincia de Santiago

Novas e eventos

Novidades, conferencias...

Obra do mes. Agosto 2021. Arte e uso da Arquitectura. 1639-1665

titulo
AUTOR

Fray Lorenzo de San Nicolás naceu como Lorenzo Martín en Madrid no ano 1593 como primoxénito de catro irmáns. Permanece en Madrid poucos anos ata que a familia abandona a Corte para dirixirse a Sevilla, onde o seu pai ten a intención de embarcar para as Indias, algo que non chegaría a cumplir. Tras varios viaxes, a pérdida da súa muller e os seus tres fillos menos a causa da peste, Juan Martín e Lorenzo de seis anos regresan á capital. Tras varios traslados, o pai toma o hábito de lego descalzo agustino, establecéndose co seu fillo en Jarandilla. Desde alí sendo un neno, Lorenzo cambiará de domicilio unha vez máis a Madrid para aprender arquitectura cun mestre de obras amigo de seu pai. Durante esos anos vai a dedicarse a estudiar varios libros. O pai intentaría que Lorenzo ingresase na súa mesma orde relixiosa, obxetivo que había pretendido en outras ocasións sen éxito, e, con esste fin, convence ao seu fillo para que o acompañe ata Nava del Rey, onde debía construir unha Igrexa do seu convento. Unha vez rematada, regresarán xuntos a Madrid para realizar outra iglexa da Orde, e, por fin, cando tiña decaséis anos, Lorenzo resolve tomar o hábito de lego na citada orde de Agustinos Recoletos, ainda que non será investido sacerdote ata o ano 1635.

Dende o ingreso na orde foi completando a súa formación, buscando mestres que lle ensinasen fundamentalmente a aritmética e a xeometría en tanto que continuaba o estudo y a práctica da arquitectura co seu propio pai. 

O periodo ente 1633 e 1656 foi fecundo con decaséis capelas e igrexas que proxectou. As obras executadas porFray Lorenzo de San Nicolás non son de gran magnitude, pois, como él mesmo decía, vivía nun tempo no que España non estaba en condicións de emprender edificios grandes senon de conservar os xa construidos. No ano 1650, Fray Lorenzo era xa un dos arquitectos más destacados da Corte. 

Despóis de adquirir todos os seus coñecementos, Fray Lorenzo botaba en falta a existencia dun libro na nosa lingua que comprendese os principios da aritmética, a xeometría e a teoría práctica da arquitectura. Esto, unido ao seu interés pola formación, moveulle a escribir o tratado Arte e uso da Arquitectura

OBRA

A mediados do s. XVII construíronse en España moitas menos obras que noutros periodos da nosa historia, posi o país atravesaba unha grave crise inflacionista. Debido posiblemente á falta de encargos, moitos homes daquelaépoca adicáronse a escribir, entre eles Fray Lorenzo de San Nicolás, ainda que sen duda redactou o seu tratado Arte e uso da Arquitectura, movido polo gran interés que despertaba nel a formación do arquitecto.

Trátase dun libro dirixido aos xóvenes estudiantes e aprendices, no que desenrola temas que abarcan dende as responsabilidades profesionais ata os textos clásicos da arquitectura ou o modo correcto de empregar os diferentes materiais. É por isto que a linguaxe empregada na obra é dunha gran sinxeleza, moi claro de comprender, o que lle conlevaría as críticas de moitos estudosos, que lle tacharon uha excesiva simpleza de estilo e contidos, recoñecendo sin embargo que foi precisamente esta sinxeleza a que popularizou o tratado. 

Queda claro nos contidos do libro que o propósito de Fray Lorenzo era difundir uns coñeceentos xerais sobre a arte de construir á vez que axudar a entender a arqutectura da época. Para conseguilo, non duda en poñer de modelo as súas propias creacións, pois os grabados que acompañan á obra ou ben reproducen os tipos peculiares empregados polo monxe agustino ou son adaptacións de outros nos que había introducido as súas modificacións personais. Considera, pois, que a arquitectura é un arte máis mecánico que liberal, vinculado sobre todo á experiencia e á mestría. Non obstante, eso non exclúe que a custión da beleza e da relación que na arquitectura se establece ente aquela e o uso de ornamentos fose outra constante preocupación súa e, neste sentido, varios estudosos sobre él mencionan que, tanto coa súa obra escrita como coa construida, Fray Lorenzo contribuiría á relaxación do canon clásico. 

A obra publicousa en dous volumen independentes. O primero apareceu no 1639 e o autor tivo que facer fronte a varias obxeccións, entre elas do arquitectos Pedro de la Peña, quen puxo en duda algún dos seus plantexamentos expostos denunciándoos ante o Consello Real e solicitando que se suprimisen. Pola contra, Luis Carducci, profesor de matemáticas, e Martín de Gordayri, arquitecto, defenderon o libro ante o Consello que, finalmente, non impediu a súa publicación ainda que si a retrasou. Si se lle requeriu a Fray Lorenzo que respondese ás obxeccións expostas, pero él non respondería entón, reservando as contestacións para a publicación da segunda parte, que saleu á luz no ano 1665 como suplemento e correción da primeira. 

Primeiro tomo


Os primeiros capítulos del primero tomo están adicados á xeometría e á aritmética, explicando Fray Lorenzo que ambas son necesarias para a arquitectura, que precisa de liñas e de números, e para eso aténdese á xeometría de Euclides. Tamé temos referencias a Vitrbuio, verdadeiro punto de arranque para o ator e ao que toma de base para o moi detallado estudo das ordes arquitectónicas que realiza na obra e que ilustra, como o resto de explicacións, con grabados sinxelos e claros, ainda que de tosca apariencia. Despóis de Vitrubio, o autor más invocado é Serlio, de cuxos cinco libros Fray Lorenzo era bo coñecedor. 

Revísanse asimismo todos os procedementos construtivos e os materiais, dando consellos ao respeto e indicando modalidades, trazados e formas de execución. 

Segundo tomo


Aparece no 1665 e nos seus primeiros capítulos Fray Lorenzo desafógase contra o obxetor da primeira parte, o mestre Pedro de la Peña. Cunha crítica contundente contestará punto por punto aos seus ataques máis de trinta anos despóis. En cuanto aos contidos teóricos do volume, éste divídese en dous aspectos diferentes: a recopilación de tratadistas italianos e españois por un lado, e o desenrrolo de algúns temas de arquitectura polo outro, insistindo sobre todo nas diversas normativas e en determinados aspectos cnstrutivos.

Ocúpase tamén dos prezos e as medicións, dos que era bo coñecedor, pois él mesmo había traballado coma taxador. Por último, inclúe un capítulo no que relata a súa propia vida e describe como chegou a tomar os hábitos.

En definitiva, Arte e uso da Arquitectura foi un tratado de intensa utilización durante moito tempo ainda que fose obxeto de críticas de moi diversa índole. 
Provincia Franciscana de Santiago
Liceo Franciscano
Editorial El Eco Franciscano
Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia

Copyright © 2018 Biblioteca Franciscana - Todos os dereitos reservados | Privado - Aviso legal - Política de privacidade - Cookies // Web realizada por Ikono.es

Ir arriba