Biblioteca Franciscana - Provincia de Santiago

Novas e eventos

Novidades, conferencias...

O papel de Francia na censura española

titulo
Tal día coma hoxe, os cidadáns de París (Francia) asaltaban a fortaleza da Bastilla, cárcere estatal convertida en símbolo do absolutismo. Tras duros y cruentos combates nos que morrerían casi cen asaltantes, a Bastilla cae en mans dos insurrectos liberando así os setes prisioneiros políticos alí encarcelados e desármase aos guardiáns que se rendiron. Mentras, a poboación tamén retén á familia real no palacio das Tullerías. 



Mentras, en España, Carlos IV mandaría realizar un índice de libros prohibidos o cal se atopa nas nosas instalacións. 

Esto débese a que os sanguinarios sucesos acontecidos en Francia a raíz do estalido revolucionario, fixeron que no 1789 Carlos IV, alarmado polo xiro que tomaban os asuntos co país veciño, chegou á conclusión de que os principios revolucionarios eran heréticos. Por outra parte, a Inquisición actuaría rápidamente baixo ese parecer ordeando que todos os periódicos, ao igual que o resto de literatura subversiva provinte do outro lado dos Pirineos, fosen entregados aos seus representantes. O obxetivo principal de este suceso era que as revoltas que estaban a acontecer en Francia non se extendesen a España. 

Así, foron razóns polo tanto esencialmente vinculadas á defensa da tranquilidade e o orde público as que levarían a revitalizar a censura nas súas diversas formas, incluíndo, por suposto, a exercida polo Santo Oficio. 

Nestas imaxes podemos ver un exemplar do Índice último dos Libros Prohibidos e mandados expurgar por orde de Don Carlos IV o cal contén o índice Expurgatorio do ano 1747, e nos Edictos posteriores, ata finais de Decembro de 1789. 



Provincia Franciscana de Santiago
Liceo Franciscano
Editorial El Eco Franciscano
Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia

Copyright © 2018 Biblioteca Franciscana - Todos os dereitos reservados | Privado - Aviso legal - Política de privacidade - Cookies // Web realizada por Ikono.es

Ir arriba