A iniciativa Apadriñar un Libro busca recoller fondos que axuden a restaurar libros que se atopen en mal estado e para conservar o patrimonio bibliográfico da Biblioteca Franciscana da Provincia de Santiago.
Exposición Internacional Tesouros reais. Obras maestras do Terra Sancta Museum.
Lugar: Museo Centro Gaiás | Planta 2
Data: 22 de marzo - 4 de agosto 2024 | martes a domingo de 10 a 20 h.
Abre as puertas ao público o 22 de marzo de 2024 tras a súa ceremonia institucional de inauguración que terá lugar o xoves 21 de marzo.
- Entrada libre e de balde (reservar praza para visitas guiadas).
- As exposicións permanecen pechadas os luns.
- A mostra conta cun programa de visitas comentadas de balde.
Trátase dunha exposición internacional que exhibirá en Santiago de Compostela o extraordinario e pouco coñecido tesouro artístico do Terra Sancta Museum de Xerusalén, composto de doazóns das monarquías católicas europeas ao longo de 500 anos. Será a primeira vez e a única que estas pezas procedentes de Xerusalén podan verse en España, así como pezas do Museo de Terra Santa do Convento de San Francisco, libros relacionados con peregrinación e accións de franciscanos en Terra Santa, da Biblioteca Histórica da Provincia Franciscana de Santiago, ou pezas do Museu Calouste Gulbenkian, Museo Massó, el Museo de la Catedral de Santiago, el Museo de las Peregrinaciones y de Santiago, el Museo Catedralicio y Diocesano de Mondoñedo, e os conventos de Santa Clara de Santiago de Compostela e das Madres Capuchinas de Oleiros.