Un ano máis, continuamos a colaboración coa Universidade de Santiago de Compostela, abrindo as portas aos estudantes da Facultade de Historia. Tres estudantes de Historia da Arte e dous estudantes de Historia,baixo a responsable técnica Carmen Martínez, realizan as súas prácticas para coñecer as tarefas dunha bilioteca especializada e aprende esas ferramentas a empregar á hora de catalogar os fondos, cómo organizalos e clasificalos, así como a investigación dos exemplares. Como protohistoriadores levan a cabo prácticas de difusión e divulgación do fondo con exposicións e visitas guiadas para achegar o visitante a historia e a colección bibliográfica da Orde de Frades Menores da Provincia de Santiago Apóstolo.