Biblioteca Franciscana - Provincia de Santiago

Novas e eventos

Novidades, conferencias...

485 anos sin Erasmo de Róterdam

titulo
Un día coma hoxe no ano 1536 morría en Basilea (Suíza) Desiderius Erasmus, máis coñecido coma Erasmo de Rótterdam aos 69 anos. Tratouse dun humanista, filósofo e teólogo holandés autor de importantes obras en latín nas que tratou de unir o humanismo clásico coa dimensión espiritual. 

Dende a Biblioteca franciscana da Provincia de Santiago facemos homenaxe á dita figura recollendo un dos exemplares que se atopan nas nosas instalacións. Destacan títulos como Apophthegmatum opus, De octo partium constructione libellus como obra de uso gramatical, etc. 

Sen embargo, nun día tan señalado coma hoxe queremos centrarnos na súa obra Adagia onde Erasmo de Rótterdam fai unha compilación de preverbios e lemas das tradicións grega e latina. 

No ano 1550 publicaría en París, na imprenta de Johannes Philippi esta colección de 818 proverbios da Antigüedade Clásica, acompañados cada un deles dun comentario sobre aspectos filológicos, literarios, históricos ou mitolóxicos. Este acabaría sendo un éxito en Europa facendo que no ano 1505 Philippi publicara unha segunda edición, y no 1506 unha terceira, esta vez realizada por Josse Bade. 

Os adagia convertiríanse rápidamente nunha obra de lectura obrigada para calquera intelectual da época. Sen embargo, esto non impediría que coa chegada da Contarreforma, o libro fose engadido ao índice dos libros prohibidos de Paulo IV do 1559 o que implicaría a prohibición de imprimir, poseer ou leer calquera libro asociado a Erasmo. 

Trátase dun texto impreso en Lyon por Sébastien Gryphe no 1550 como podemos ver na súa marca tipográfica formada por un grfio alado encadeado a un peso. 
Provincia Franciscana de Santiago
Liceo Franciscano
Editorial El Eco Franciscano
Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia

Copyright © 2018 Biblioteca Franciscana - Todos os dereitos reservados | Privado - Aviso legal - Política de privacidade - Cookies // Web realizada por Ikono.es

Ir arriba