Biblioteca Franciscana - Provincia de Santiago
Foi un importante teólogo, historiador, escritor e cronista. Cultivou o verso e a poesía cunha calidade envidiable que o converteron, a comezos do século XX, nun dos referentes da literatura galega. Naceu en San Clodio, provincia de Ourense, o 10 de maio de 1876. Entrou na orde en 1890 e realizou a profesión solemne en 1985. Inaugurou a Escola Seráfica de Louro, en Muros (provincia da Coruña). Por orde do provincial, como consecuencia da súa excelente calidade literaria, foi nomeado director do Eco Franciscano, en 1896. En 1902 foi destinado á comisaríia de Terra Santa, onde con 27 anos foi nomeado superior do Santo Sepulcro. Á súa volta retomou á dirección da imprenta franciscana en 1908 e en 1915 foi gardián do convento de Ribadavia. Estes dous feitos provocaron que dentro da súa produción literaria apareza tantos títulos relacionados con Terra Santa e unha excelente Historia de Ribadavia. En 1923 foi nomeado Ministro Provincial e reelixido en 1926, sendo o primeiro que estivo dous trienios seguidos. En 1932 foi designado comisario de Terra Santa, posto no que permaneceu ata 1938 cando volve ser director do Eco Franciscano ata a súa morte en 1945. No ano 1941 foi elixido membro da Real Academia Galega da lingua, pola súa intensa labor cultural en devandito idioma, tendo tres obras fundamentais. Así mesmo, foi membro do Seminario de Estudos Galegos, porque foi considerado un dos grandes poetas galegos do seu tempo. Como se pode observar, a súa labor no Eco Franciscano foi fundamental para colocar á revista á altura das mellores de Santiago e de Galicia.

A súa produción literaria é inmensa, tanto en prensa como na publicación de libros. Actualmente, tanto as súas obras como as pertencentes á súa biblioteca forman parte da Biblioteca Monumental. No entanto, na catalogación remárcase que pertencen ao fondo de Fr. Samuel Eiján.
Acceso á Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia (abrirá nunha nova pestana) para consultar os libros da Biblioteca Franciscana da Pronvicia de Santiago..
Provincia Franciscana de Santiago
Liceo Franciscano
Editorial El Eco Franciscano
Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia

Copyright © 2018 Biblioteca Franciscana - Todos os dereitos reservados | Privado - Aviso legal - Política de privacidade - Cookies // Web realizada por Ikono.es

Ir arriba