Naceu en Laracha, A Coruña, o
24 de xuño de 1908. Estudou Ciencias Humanas no Colexio de Herbón. Posteriormente, foi destinado a Ponteareas onde vestiu hábito o 25 de agosto de 1923 e ordenouse sacerdote en 1931.
Estudou Filosofía e Teoloxía durante a súa formación.
Participou nos primeiros números do Liceo Franciscano, revista creada en 1930,
chegando a ser un dos seus directores. En 1933 comeza os seus estudos de Historia na Universidade Gregoriana. Foi
director da revista Arquivo Ibero-Americano. En 1946 obtivo unha beca da Xunta de Relacións Culturais do Ministerio de Asuntos Exteriores, e dirixiuse a Nova York. Estivo dous anos percorrendo todos os países de América.
Tras unha ardua investigación na que percorreu os arquivos de Roma, Madrid, Paris e América, ingresa na
Academy of American Franciscan History en 1951. En 1952 regresa a España e ao ano seguinte traballa no
British Museum e no
Public Record Office. Posteriormente, volveu a Washington. Participou en numerosos congresos e foi
membro da Real Academia Galega, correspondente da
Real Academia da Historia. Publicou numerosos traballos sobre o franciscanismo en América e
foi un historiador recoñecido no seu tempo.
O seu fondo atópase na Biblioteca Provincial e conta cun fondo propio.