A
Biblioteca do Convento de San Francisco de Santiago de Compostela foi fundada no século XIII.
Os fondos proceden de adquisicións, donacions, libros dos frades e, na última época,
libros recolleitos das bibliotecas doutros conventos. Consérvanse
72 incunables e post-incunables, algúns moi raros como o "
Tratado da Misa" ou "
Memoria da nosa redención" de Sancho Pérez Machuca (Valladolid, 1497), do que Haebler e Vindel só coñeceron un exemplar na Biblioteca Nacional de Lisboa. Moi raro é tamén o "
Tratado da confesión" de Tostado. Un incunable (do latín incunabulae) é todo libro impreso durante o século XV, polo que estamos ante
unha das mellores coleccións de España.
Así mesmo,
abundan os libros do século XVI e hai
máis de 4.000 volumes do século XVII. O total dos fondos calcúlase en aproximadamente
100.000 volumes. Existen coleccións bíblicas e patrísticas, repertorios históricos e documentais como os anais de Baronio e de Lucas Wadding, os Bullaria ou as grandes enciclopedias eclesiásticas; autores escolásticos, clásicos latinos e romances; teoloxía, dereito, historia e unha sección americanista de gran interese.