Convento fundado no século XIII, grazas ao testamento de don Martín Leboreiro e de Fernán Martínez, de Santa María de Tamaguelos. En 1305 sumouse o testamento de dona María Eans Gibarra. A familia Manzaneda reconstrúe o convento en 1332, ademais recibiron parte da testamentaría de dona Maior Fernández de Biedma, que mandou edificar a capela de san Juan Bautista. Os testamentos e as donacions continuaron durante os séculos XV e XVI, unha mostra da relevancia e agarimo que profesaban aos franciscanos en terras ourensáns. En 1925 fundouse unha residencia á beira da capela de San Lázaro.
Conta cuns
fondos documentais moi ricos e variados, debido ás inquietudes dos membros da comunidade franciscana e do papel social que desenvolveron desde a sua fundación.
Unha biblioteca que segue crecendo con novas adquisicións, fundamental para que continúen abrazando o coñecemento
teolóxico,
histórico e
filosófico.