Chamado convento de San Antonio de Herbón, emprazado no concello de Padrón, A Coruña.
Fundouse en 1396 polo Frade Gonzalo Mariño, restaurador da observancia na provincia. Nos séculos XVI e XVII ampliáronse as dimensións do convento grazas ás donacions feitas polo cabildo da catedral de Santiago.
En 1702 converteuse en Colexio de Misioneros, que serviu para que se crease unha importante biblioteca para a aprendizaxe dos irmáns que estaban en período de formación. Moitos deles saíron destino a América ou a Terra Santa e Marrocos. Coa exclaustración, tiveron que marcharse do convento, pero regresaron
en 1875, converténdose en Seminario de formación, onde a cultura era parte fundamental. Trasladouse a Herbón o Colexio Seráfico, en 1891, para aspirantes que quixesen entrar na orde, antes situado en Louro.