As bibliotecas patrimoniais cada vez teñen menor presenza na sociedade civil. Por este motivo, queremos achegar a
Biblioteca Franciscana de Santiago ás persoas. Tamén
necesitamos restaurar libros que se atopan nun mal estado de conservación, por iso invitámosvos a ser padriños dun libro polo módico prezo de
5 euros anuais para
axudar a conservar e a desenvolver as actuacións que se realicen no libro antigo.
As persoas que queiran apadriñar un libro
recibirán fotografías do proceso que están desenvolvendo os nosos profesionais e mostraráselles o resultado final. Ademais de vir coñecer o resultado poderán
coñecer a Biblioteca de xeito particular.